SERVIZOS

  • Tradución de e a galego, español e portugués

Se falamos de traducir, referirémonos a posibilitar que a xente logre comunicarse. Encárguenos todo tipo de material de tradución xeral e especializada. Dossieres, guías, publicidade, páxinas web.

  • Revisión lingüística

A revisión é un recurso que ten que ver coa calidade da mensaxe transmitida. E xa sabedes, ás veces, unha coma ou un til, marcan a diferenza.

  • Transcrición de material audiovisual

Este tipo de servizos adoita solicitarse na elaboración de estudos, enquisas, sondaxes; así mesmo son útiles para ofrecer contidos a persoas con diversidade funcional auditiva. Ofertamos tanto transcricións convencionais como transcricións con tradución directa.

  • Audiodescrición

A audiodescrición é un servizo esencial para avanzar na inclusión de persoas con diversidade funcional visual e serve, doutra banda, para cuestións tales como a aprendizaxe de linguas, ao posibilitar unha reprodución auditiva do contido en texto.

  • Subtitulación

É este un servizo que forma parte do noso día a día, atopámonos subtítulos en películas, documentais, reportaxes, deixando as fronteiras lingüística a un lado, para poñer diversos tipos de material audiovisual ao dispor dos/as espectadores/as, sexan de onde eles sexan.